Cómo asociarse?
É moi sinxelo, podes facelo todo de forma electrónica directamente dende a casa
Unha vez cubras e envies a solicitude recibirás no teu email unha confirmación instantánea da alta
A cota é soamente de 15€ por curso e familia
O cargo irá a nome de Actividades Lúdicas Galicia, ACTEX, que é a empresa que este ano nos está xestionando os cobros
Qué vantaxes ten asociarse?
Participar nas asembleas
Terás dereito a voto
Enviar as túas propostas
E por suposto tamén as túas consultas e queixas
Colaborar e formar grupos de traballo
Sobre os temas que che preocupan
Participar na toma de decisións
Periódicamente enviamos enquisas e votacións para coñecer a vosa opinión
Recibir todas as comunicacións informativas da ANPA
Con todas as novidades relacionadas coa escola
Carné de socio/a
E podes aproveitar os descontos nos establecementos asociados
Todos e todas sodes benvidos dentro da ANPA e animámosvos a asociarvos canto antes se non o tedes feito xa.
A vosa participación activa é moi importante para que así, entre todos e todas, poidamos construír a mellor escola posible para os nosos fillos e fillas.
Darse de baixa
Por suposto, en calquera momento podes darte de baixa de forma tamén moi sinxela, simplemente cubrindo o seguinte formulario: