Patios coeducativos e inclusivos no Nadal ☃️☃️
Ao longo desta semana e da vindeira estanse a realizar as seguintes actividades durante o tempo de recreo:
🎄Elaboración dunha carta para as persoas ingresadas no hospital.
🎄Creación dun muñeco de neve.
🎄Decoración de bolas de Nadal.
É unha oportunidade para fomentar a convivencia entre todo o alumnado, polo que, se lles gustan estas actividades, animámosvos a que as vosas crianzas participen.As actividades realízanse todos os días durante o recreo na sala de usos múltiples (poden levar a merenda e tomala alí).
A realización desta actividade de setembro a novembro, está subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.




